BENVIDOS TRASNOS!!

 O club de lectura Dieste quere dar a benvida a todos os trasnos. Este curso "tan diferente" imos compartir as lecturas dunha maneira tamén "diferente" debido ao covid que non nos permite reunirnos nun recreo semanal como outros anos. Pero xa coñecedes o refrán: "A mal tempo, boa cara". Así que comezamos.

Este blog ímolo levar entre todos, subindo comentarios sobre as lecturas que cada semana vos entregamos nas caixas do club que hai nas aulas. Aparecerán publicados aqueles comentarios que seleccionemos polo seu interese.

Cada curso da ESO ides ter a vosa sección. Así que deixade o voso comentario na sección do voso curso.

Nesta páxina principal aparecerán noticias e avisos, así que estade atentos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AVISO 3

3ºESO